Share
07/08/2025 - 19:30h | Área Recreativa Río Furelos | Melide

Calquera verdura

  • Pistacatro Produtora de Soños

Calquera verdura
Cultura no Camiño

Todo está en equilibrio. O home, ás veces non.

Como Rafael Dante.

O seu desequilibrio aseméllase ao de calquera outro.

Pero o seu equilibrio non.

Dun lado da balanza, a técnica, a precisión, a concentración.

Doutro lado, o disparate, a gargallada, o imprevisto.

A partes iguais, en equilibrio...

Como o humor co respecto,

como o Artista sobre os seus obxectos.

Como o noso ADN na súa estrutura,

ou como o de calquera verdura...