Xavier a través de min
Espectáculo de danza a cargo de Félix Fernández

Xavier a través de min é un proxecto de artes vivas de corte autobiográfico e non documental co que traio ao presente o legado inmaterial que o meu irmán Xavier Fernández me deixou en vida, e deixar ao descuberto todo o sedimento da vida do meu irmán en min.
As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas compoñen unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade case confesional, onde atopar un espazo de liberación enerxético pouco habitual.
Xavier Fernández traballou ata a morte en relación á Consciencia, era psicólogo, criminólogo, investigador e psiconauta, profesor de ioga, de meditación, e tamén guía en procesos de procura interior.