Share
05/12/2025 - 20:30h | Manual de patronaxe | Narón

Manual de Patronaxe

  • Espectáculo teatral a cargo de Teatro do Noroeste

Manual de Patronaxe
Rede galega de teatros e auditorios

Unha reivindicación de todos eses momentos que, pasando desapercibidos, son, non obstante, as puntadas que conforman o bordado da nosa vida.

É unha peza de autoficción na que a personaxe da Escritora busca descubrir a súa identidade como muller e como creadora nunha crise creativa. A través dos recordos do pasado de cando era Nena, descobre que a súa Avoa, que era modista, foi para ela un verdadeiro modelo feminista.