Share
12/04/2025 - 21:00h | Auditorio Baldomero Cores | Cee

Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)

  • Espectáculo de teatro a cargo Federico Pérez

Xa que o sabes, voucho contar (e cantar)
Rede galega de teatros e auditorios

Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo. 

Este espectáculo pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con el. Vaia novidade, non? Un espectáculo de humor para que a xente ría. Pois si. Que pasa? Este espectáculo é a miña versión dos feitos. E de que feitos estou falando? Pois estou falando de cando eu nacín, de como me criei, da miña nai, de meu pai, de miña avoa, do lugar no que medrei, de onde estou agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vou chegar: a morte. 

Vou contar todo isto e tamén o vou cantar. Porque me gusta cantar. Mal, pero gústame. E, botando man de clásicos como The Beatles ou Frank Sinatra, conto e canto historias que me conmoven, que me fan graza, que me emocionan, que me escarallan…