Share
12/04/2025 - 21:00h | Auditorio de Goián | Tomiño

Molto Barroco

  • Píscore

Molto Barroco
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Píscore Teatro ofrece a posibilidade de gozar, desde o teatro, da música da época barroca, nun proxecto que vén asentado sobre o ton cómico, apartado do academicismo, que inunda todo o espectáculo.

En Molto Barroco teñen cabida pezas clásicas que, por momentos, adquiren un ton contemporáneo grazas ao xogo escénico, o que facilita a súa comprensión e, por suposto, goce por parte da audiencia, especialmente entre o público máis novo. Ao mesmo tempo, poténciase a figura do compositor e organista barroco galego Frei Bartolomé de Olagüe, un artista cun importantísimo legado musical que, desgraciadamente, é un gran descoñecido para o público xeral.

Xa por último, no que ao apartado musical se refire, faise unha clara e decidida reivindicación das mulleres compositoras do Barroco, tan inxustamente tratadas na historia da música a pesar do seu enorme talento.