Share
18/01/2026 - 12:00h | Sala Bahía | Foz

Voo

  • Espectáculo para público familiar a cargo de Teatro ó Cubo

Voo
Rede galega de teatros e auditorios

Quen non pensou algunha vez en voar...? Despegar os pés do chan e coma por arte de maxia, flotar na ingravidez do ar? Movidas pola curiosidade máis primaria e un anhelo profundo que transcende as limitacións humanas, as dúas personaxes desta historia buscan a fórmula para alcanzar o ceo. O ar promete unha liberdade que a terra descoñece. Por que non atreverse a soñar máis alto?

Voo é unha metáfora visual inspirada por un imaxinario común e revelador que emprega o teatro físico, a música, os obxectos, o humor e a danza como motor para alcanzar os soños.

 

Autoría: Teatro ó Cubo

Dirección: Roberto C. Mouriño

Escenografía e vestiario: Teatro ó Cubo

Música: Sofía Espiñeira

Coreografía: Teatro ó Cubo

Elenco artístico: Sofía Espiñeira López e Uxía Algarra Cajide