La desconquista
Un espectáculo teatral a cargo de Ron Lalá
Finais do século XVI. Tres náufragos á deriva vagan rumbo ao Novo Mundo: o capitán Galán anhela a gloria, o mariño Fulano persegue o ouro, o misioneiro frei Pío busca almas para a fe. E mentres, dous cronistas anotan as súas peripecias e desventuras en alta mar e en costas descoñecidas para descubrir que nada é como parece. Unha comedia en verso con música en directo e ritmo desenfreado, baseada nas crónicas das Indias.
Unha festa escénica e musical que vira ao redor das ambicións, obsesións, medos e angustias do imperio onde non se poñía o sol, no seu afán de conquista e no seu pasmo ante a nova realidade dun continente aínda descoñecido. Unha visión mordaz e delirante con textos e música orixinais, humor vertixinoso, poesía escénica e un quinteto de comediantes inimitables. Ron Lalá lánzase á Desconquista!
Elenco:
Mariño Fulano / Felipe II / Bufón / Carlos V – Juan Cañas
Cronista / Tiburón / Mariñeiro / Mosquito / Pataca / Huitzilopotchli / Demo – Miguel Magdalena
Frei Pío / Sor Pía / Nai Priora / Inquisidor – Diego Morales
Cronista / Tiburón / Mariñeiro / Mosquito / Pataca / Anxo / Indio – Luis Retana
Hernán Galán / Pícaro Juan / Pai – Daniel Rovalher
Creación colectiva: Ron Lalá
Dramaturxia e letras: Álvaro Tato
Composición e arranxos: Yayo Cáceres, Juan Cañas, Miguel Magdalena, Daniel Rovalher
Dirección: Yayo Cáceres
Dirección musical: Miguel Magdalena
Vestiario: Tatiana de Sarabia
Escenografía: Ron Lalá y Tatiana de Sarabia
Iluminación: Miguel Ángel Camacho
Xefatura técnica: Ismael Aguilar (son), José Antonio Villegas (iluminación)
Cover técnicos: Antonio Romero (son), María Otero (iluminación)
Realizacións: Maribel RH e Alejandro Jaén (xastrería), Mundo (escenografía), Pablo Porcel (obxectos)