Share
08/02/2025 - 20:00h | Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela | Cangas

Vitória

  • Estrea de Iria Pinheiro

Vitoria
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba.

A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaret.