Share
08/02/2025 - 20:00h | Pazo da Cultura | Narón

Mangoreté

  • Espectáculo musical a cargo de Desiré Pillado e Bea Gracía

Mangoreté
Rede galega de teatros e auditorios

Mangoreté é unha sátira sobre a sociedade actual, conducida por dúas azafatas chegadas dun misterioso lugar chamado Mangoreté, que convidarán o público a viaxar con elas e “cambiar” para sempre as súas tristes e normais vidas. Un musical no que se abordan con acidez temas tan actuais como as adiccións, a emigración, o machismo ou os canons de beleza.



Neste musical convídase ao público a viaxar con elas e mudar para sempre as súas tristes e monocordes vidas... a cambio dun “chisquiño” da súa liberdade. Elas serán o fío conductor dun hilarante musical cheo de humor ácido no que se abordan temas tan actuais que abranguen dende as adiccións, a emigración, a política ata o machismo, a través da danza, a música, a interpretación e a improvisación.