A vida, un frenesí | Barafunda Teatro

Lol e Pop viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación móstrannos o paso do ser humano pola vida, dende a máis tenra infancia ata o ocaso da vellez. A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.
Espectáculo de comedia clown para todos os públicos que trata o paso do tempo, dende a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade sociopolítica en clave de humor. A trama teatral, que interactúa co público, está dividida en sketchs cómicos.
75 MINUTOS
Autoría: Manuel Castro Lima, Adolfo Maguna Strasser
Dirección: David Rodríguez Alonso
Escenografía e iluminación: Beatriz de Vega
Son: Manuel Castro Lima Adolfo Maguna Strasser
Elenco: Manuel Castro Lima, Adolfo Maguna Strasser
Vestiario: Manuel Castro, Lima Adolfo Maguna Strasser
Música: David Rodríguez Alonso, Noemi Blanco Andrés