The Exposure | Tanit Cobas

The Exposure é unha burbulla violeta que se ri da superficialidade, imita a pretensión e mostra o engano. Como público instruído e obediente, vives intensamente o que sucede no escenario. Con todo, as intérpretes poden estar a pensar en calquera outra cousa. Isto é a dramaturxia escondida: o mundo interior das bailarinas. Que pensan mentres bailan? Son seres reais? Oh, querido público, estou farta de mentirvos! Necesito mostrarvos todas as cores do arco da vella e romper coa dualidade constante da vida. Necesito facer danza contemporánea en corpos actuais, onde son dona do meu pelo e das miñas zonas sen pelo; en mundos actuais, onde mostro as miñas opinións caendo do ceo sen complexos.
TODOS OS PÚBLICOS
ARTES DO MOVEMENTO, DANZA CONTEMPORA?NEA
11 MINUTOS
Autoría : Tanit Cobas
Dirección e coreografía :Tanit Cobas
Vestiario: Marijo Torres (Malahierba Bcn) Tanit Cobas
Música: Alicia Casado
Voces: Pablo Navarro Muñoz, Tanit Cobas
Iluminación: Mario Turco
Fotografía : Zoran Varga
Interpretación: Pablo Navarro Muñoz Tanit Cobas