08/07/2026 - 20:15h
| Alameda de Raxoi
| Pontedeume
A verdadeira historia de Hamelín
Un espectáculo de teatro circense a cargo de MeRe Clown
Cultura no Camiño
Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor, son as chaves desta adaptación circense do clásico conto O frautista de Hamelín, no que descrubriremos o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.
Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer A verdadeira historia de Hamelín, un contacontos circense con malabares, equilibrios e moito humor.
Elenco artístico: David Merelas é MeRe Clown.