Share
28/11/2023 - 20:00h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

Vai e ven / Teacht Agus Imeacht / Dod Ac Mynd

  • Mostra da residencia de creación en Galicia da coprodución entre o Centro Dramático Galego e os teatros nacionais en lingua irlandesa (Fíbín Sa Taibhdhearc) e galesa (Theatr Genedlaethol Cymru)

Vai e ven

Creación: Avelino González e Caitríona Ní Dhomhnaill

Coa colaboración de Steffan Donnelly, director artístico do Theatr Genedlaethol galés.

A conexión coas culturas celtas é un dos obxectivos do programa de internacionalización do teatro galego que está a levar a cabo o Centro Dramático Galego, neste caso a través dun traballo conxunto cos teatros nacionais en lingua irlandesa e galesa cara á coprodución do espectáculo 'Vai en ven, Teacht Agus Imeacht, Dod Ac Mynd'. Esta colaboración nace en paralelo á participación da compañía da Xunta no proxecto europeo Phōnē para poñer en valor as linguas minorizadas a través das artes escénicas.

O Centro Dramático Galego comparte co público o avance deste proceso creativo a través dunha mostra aberta que ten lugar durante a residencia artística do equipo en Galicia e coa que se lle dá continuidade á desenvolvida este mesmo mes en Irlanda.