28/11/2023 - 20:00h
| Salón Teatro
| Santiago de Compostela
Nonsense #cabaret de pensamento
Espazo para a conversación e a reflexión, coa posta en escena de números circenses de artistas galegas, no marco do D10! Encontro para a formación e innovación no circo

Cultivar a suspensión do tempo como o fai un lanzador de machados.
Asumir a traxedia e vehiculala ao xeito do pallaso.
Dar un paso atrás para tomar perspectiva, igual que o fai a acróbata antes de dar o salto.
Nonsense #cabaret de pensamento continúa explorando a relación entre circo e vida, poñendo esta vez en diálogo un dos impulsores do Instituto do Tempo Suspendido (ITS), o filósofo Xavier Bassas, coa creadora, dramaturga e directora escénica galega AveLina Pérez e a monxa budista Tenzing Ngeyung, do mosteiro Chu Sup Tsang de San Amaro, en Ourense.