Share
07/02/2026 - 20:15h | Auditorio Baldomero Cores | Cee

Unto Vello

  • Concerto de música tradicional

Unto Vello
Rede galega de teatros e auditorios

UNTO VELLO é un proxecto que nace das recollidas de música tradicional galega que fan os seus integrantes: Bieito Pereira e Xabi Gómez. A súa música está dedicada ao baile tradicional, conseguindo facer bailar ao público e tecendo comunidade en cada actuación.

No seu ano de traxectoria, o dúo estreou varios sinxelos como Corcubión-Corralín ou Adelaida, que formarán parte do seu primeiro disco, Inmaterial, que presentarán en marzo de 2026.

Recibiron nomeamentos a premios como os Youtubeiras 2025 e os Martín Códax na categoría de música tradicional e ofreceron máis de 25 concertos en lugares como a Sala Capitol ou o Ponte Farruca.

“Unto Vello débese a todas as cantareiras que nos deron os seus saberes, tanto vitais como musicais e que pretendemos respectar á hora de montar as nosas pezas. Sen elas isto non sería posible.”