Tromsø
Un espectáculo teatral de Morraoconto
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando entre tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
Ficha artística
Autoría: Rafa Martínez
Dirección: Rafa Martínez (texto e dramaturxia), Esther Latorre (dirección de movemento)
Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
Escenografía: Morraoconto, José Faro "Coti"
Iluminación: José Faro "Coti"
Vestiario: Morraoconto, Ana Gesto
Música: Julia Ammerman (piano), Lucía Iglesias (violonchelo)
Axudante de dirección: Clara Martín
Máscaras: Rafa Rey
Animacións, deseño e imaxe gráfica: Rafa Martínez
Cámara e corrección de cor: Román Sanín
A PARTIR DE 16 ANOS
TEATRO, DANZA, MÚSICA EN DIRECTO, MÁSCARAS
80 MINUTOS