26/05/2026 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Un polvo desafortunado o porno loco
Radu Jude, 2021
Fóra de serie
Narra a historia dunha profesora de secundaria que debe facer fronte ao rexeitamento e os ataques de quen a rodea cando se filtra na Internet un vídeo pornográfico protagonizado por ela. Dividida en tres episodios e mesturando xéneros, a película inclúe unha parte central independente a modo de dicionario de conceptos lidos desde unha corrosiva mirada externa.