Share
26/05/2026 - 16:30h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Alén

  • Colectivo Glovo

Galicia Escena PRO: Alén
Galicia Escena PRO

Alén é unha creación escénica de danza contemporánea executada por catro intérpretes, que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.

Espectáculo coproducido con Teatro Ensalle, Seattle International Dance Festival, Teatro de Vila Real (Portugal), Auditório Municipal de Macedo de Cavaleiros (Portugal), El Palacio. Residencias Artísticas y Acción Cultural, de Xixón, e os concellos de Lugo, Ames e Carballo. 

 

TODOS OS PÚBLICOS

ARTES DO MOVEMENTO

55 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección: Esther Latorre, Hugo Pereira

Elenco: Esther Latorre, Paula Urquijo / Estefanía Gómez, Xián Martínez, Marc Fernández

Coreografía: Esther Latorre

Iluminación: Xacobo Castro

Vestiario: Adolfo Domínguez

Música: José Pablo Polo

Asistente de ensaio: Estefanía Gómez 

Fotografía: Sabela Eiriz

Produción: Hugo Pereira, Colectivo Glovo

Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO