Share
14/06/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Un italiano en Chicago

  • Ettore Scola, 1971

Un italiano en Chicago
Centenario Marcello Mastroianni

Rocco Papaleo, que emigrou aos Estados Unidos para gañar a vida como boxeador e leva vinte anos nunha mina de Alasca traballando de ascensorista, viaxa a Chicago para asistir a un combate de boxeo. Na cidade coñece unha modelo que, por un capricho, o leva á casa. Rocco queda en Chicago uns días e, debido á súa inxenuidade e bo corazón, acaba envolto en diferentes peripecias con estrafalarios personaxes.