Share
07/03/2025 - 20:30h | Casa da Cultura de Bertamiráns | Ames

Un deus salvaxe

  • Talía Teatro

Un deus salvaxe
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos. Os pais da “vítima” convidan á súa casa os pais do “matón” para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire un ton máis violento a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais.

As parellas empezarán a insultarse sen reparo algún, e mesmo non dubidarán en sacar os trapos sucios dos seus respectivos matrimonios. Aquí non hai nin bos nin malos. Nin tan sequera vencedores e vencidos. Só catro adultos que se encerellan nunha calorosa discusión que vai desvariando máis e máis a medida que esta se vai alongando innecesariamente.

A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cada un ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conflito que lles afecta aos seus fillos (desde como definir a agresión ata como castigar o agresor, pasando por ver quen ten maior ou menor culpa) e de aí xorden outros temas nos que por suposto non logran poñerse de acordo.