07/03/2025 - 20:30h
| Auditorio Municipal Gustavo Freire
| Lugo
Sobre o extravío ou a arte de perderse
Furia Sotelo

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Un só de danza-teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse.
Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados. Lugares onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos combínanse captando sen esforzo a atención do espectador, mergullándoo nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais...