Ubasute
Un espectáculo teatral de Berrobambán
UBASUTE é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.
A nova proposta de Berrobambán conxuga xéneros e abre enigmas para colocar a atención na reflexión arredor do abandono.
UBASUTE é o texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Foi recoñecido pola revista Babelia como un dos cinco mellores textos editados en galego (Editorial Galaxia) en 2024. A peza é finalista na categoría de teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025.
Ficha artística
Autoría: Paula Carballeira
Dirección: Vanesa Sotelo
Elenco: Rocío González, Xosé Barato, Lez Cameselle
Escenografía: Beatriz de Vega, Chiqui Pereira, Diego Castro, M. P.
Iluminación: Beatriz de Vega, Chiqui Pereira, Diego Castro, M. P.
Son: Nvelar
Vestiario: Lola Armesto Lombardía
Música: Nacho Sanz
Imaxe gráfica: nadina gráfica
Gravación: Míriam Rodríguez
Produción: Chiqui Pereira
ADOLESCENTE E ADULTO
TEATRO
60 MINUTOS