Share
13/02/2026 - 10:00h | Fórum Metropolitano | A Coruña

Pum Pum, quen hai?

  • Espectáculo a cargo de Ártika Cía

Pum Pum, quen hai?
Rede galega de teatros e auditorios

Gaia, unha nena moi inqueda, comparte con nós o xogo máis xogado da súa aldea mentras nos explica a tolemia que asolou o pequeno pobo a primeira vez que chegaron novos veciños. 

Unha divertida comedia musical onde cantarás, bailarás e rirás a esgalla coa tía Maruxa e a súa gracia natural e con Don Rosmón .. eh.. digo... Don Ramón e … a súa arte de rosmar.

 

Ficha artística

Autoría, dirección e adaptación: Ártika Cía

Escenografía: Marcos Alonso, Sr. Saguillo, Genu Casal 

Deseño son: Jonathan Caramés e Anxo Fernández

Deseño iluminación: Anxo Fernández

Vestiario: Rocío Salgado e Fernanda Barrio Barcala

Música: Anxo Fernández

Coreografía: Rocío Salgado

Elenco artístico: Marcos Alonso, Fernanda Barrio e Rocío Salgado