18/03/2025 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Typhoon Club
Shinji Sōmai, 1985

Shinji Sōmai - Ventos de xuventude
Versión restaurada en 4K deste clásico do cine xaponés e dunha das obras mestras que nos deixou Shinji Sōmai. Un tifón aproxímase á vila onde viven os novos protagonistas da fita, un grupo de estudantes de secundaria. Despois das clases, no medio da treboada e do tempestuoso vento do tifón, este grupo queda refuxiado na escola. No medio da tormenta, mostrarán as tensións, os desexos e as inseguridades que os días previos á tormenta foron formando entre eles.
Restaurada por Director’s Company a partir do negativo orixinal de cámara.
Imaxe ©Director's Company