Share
19/03/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Sailor Suit and Machine Gun

  • Shinji Sōmai, 1981

Sailor Suit and Machine Gun
Shinji Sōmai - Ventos de xuventude

Na súa segunda longametraxe, Sōmai adapta con mestría a popular novela de Jirô Akagawa. Este gran éxito dos 80 preséntanos a Izumi, unha estudante de instituto que se converte na cuarta xeración de xefes dunha familia yakuza tras a morte accidental de seu pai. Un día, un detective aparece na súa porta e pregúntalle se ela sabía que o seu pai estaba involucrado no tráfico de droga. Tras isto, Izumi e a súa banda tópanse con moitos problemas…

 

Restaurada por Kadokawa Corporation a partir do negativo orixinal de cámara.

 

Imaxe ©KADOKAWA CORPORATION 1981