Share
18/10/2024 - 19:00h | Teatro Municipal | Tui

A trompa non só é cousa de elefantes

  • Concerto infantil a cargo de Catrocores

A trompa non só é cousa de elefantes
Rede galega de teatros e auditorios

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para os máis pequenos, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.

As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.

Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.