Share
18/10/2024 - 18:00h | Auditorio Casa da Cultura do Milladoiro | Ames

Geometría del alma

  • Un espectáculo producido por Teatro Plus, que chega a Galicia dentro da programación de Camiño Escena Norte

Geometría del Alma, de Teatro Plus (AST)
Camiño Escena Norte

Fusión entre teatro visual, danza contemporánea e manipulación de obxectos que expresan a relación entre as simples formas xeométricas e o corpo humano, un corpo que intentará dar alma á xeometría para poder comprender a xeometría da alma que está no seu interior.

Unha teoría alternativa ao comezo do universo e a evolución das formas e a vida ata chegar ao ser perfecto.

Teatro Plus

Teatro Plus é un grupo profesional de teatro, de teatro de marionetas, fundado no ano 1997 en Sofía, Bulgaria. Os seus membros Olga e Aleksandar Churchich son licenciados na Academia Nacional de Artes Escénicas e Cinematográficas, Sofía, Bulgaria (1992- 1996). Desde o ano 2001 o Teatro Plus está establecido en España, primeiro en Segovia e logo en Xixón, Asturias. En todos estes anos a compañía experimentou con distintos tipos de teatro e técnicas de manipulación.