01/08/2026 - 16:00h
| O Muíño
| Sarreaus
Trasnadas revolucionarias
un espectáculo da Maga Fani
Cultura no Camiño
Unha revolución, a xeito de concatenación de trasnadas sorprendentes, para facernos pensar e rir, coas que mudar a realidade.
Entrade a unha enchente de maxia dentro dunha xolda de divertimentos.
Un feixe de chistes visuais estrafalarios para facer aparecer facianas relucentes de ledicia.
Unha malleira de enredos para a celebración desta esmorga de sorpresas, que precisan do comportamento excéntrico e coordinado de toda a concorrencia, para imprimir unha doce revolución da actualidade.