01/08/2026 - 12:30h
| Parque da Hortiña. Limodre
| Fene
The Homens
Un concerto da banda estrela do power pop en galego
Cultura no Camiño
Volven The Homens! Nesta nova etapa, o trío referente do power pop en galego combinarán en directo as cancións das súas catro referencias discográficas - #1, #2, Tres e Cuarta potencia - con temas novos nos que a banda recupera a urxencia guitarreira das orixes. Enerxía e melodía, rabia e luminosidade! Un concerto único neste ano do regreso aos escenarios.