Share
23/01/2025 - 20:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Testosterona

  • Malasombra Producións

Testosterona
Rede Galega de Teatros e Auditorios

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..

A autora mexicana Sabina Bernan propónnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.