Share
23/01/2025 - 20:30h ~ 24/01/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Drácula

  • vampiro, terror, hammer

Drácula
Terence Fisher / Christopher Lee: Drácula e outros monstros

Jonathan Harker acode ao castelo do conde Drácula para actuar como o seu libreiro, aínda que a súa misión secreta é dar morte ao chupasangues. Tras caer na trampa dunha das súas vampiresas, o home queda subxugado polo monstro. Só o seu amigo, o doutor Van Helsing, quen atopa o diario de Harker e pode reproducir os feitos, será capaz de salvalo e de evitar que a criatura da noite siga a sementar o terror.