10/07/2026 - 22:30h
| Praza do Concello
| Baiona
Terra Nosa
Un concerto a cargo de Antonio Barros e iAlma
Cultura no Camiño
Falar da terra é falar dos costumes, da lingua, das raíces... e de cancións, das nosas cancións.
Neste espectáculo recopilamos algunhas das cancións máis coñecidas da nosa tradición oral e popular, dándolles unha nova visión, máis minimalista e íntima: unha voz e o son do piano.
Buscamos, deste xeito, achegar a nosa tradición, as nosas raíces, ás novas xeracións cun aire renovado, aportando así o noso granciño de area na difusión da lingua e cultura galega.