Share
10/07/2026 - 22:00h | Praia de San Amaro | A Coruña

Punto en boca: entre fíos anda o lío

  • Centro Dramático Galego en coprodución co Concello de Culleredo, Deputación A Coruña e El Ruiseñor Teatro

Punto en boca: entre fíos anda o lío

Unha muller, metade actriz, metade costureira, percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é ao mesmo tempo escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña, discreta, incansable, tecedeira de silencios.

Que acontece cando alguén tira dun fío que non debía? Que segredos agochan os tapices que levan séculos contando o mundo? É difícil comprender o xersei cando só es un fío, pero ás veces abonda cun tirón para que todo o entramado comece a se revelar.

Esta é unha historia sobre as mans que crean, as voces que narran e os fíos invisibles que tecen as nosas vidas.

Gañadora do VI Premio Luísa Villalta para proxectos pola igualdade.

Ficha artística:

Dirección e interpretación: Raquel Crespo
Dramaturxia: Susana Crespo
Axudante de dirección: Susana Crespo
Espazo sonoro e música: Xosé Lois Romero
Vestiario: Raquel Crespo e Susana Crespo
Audiovisuais: Iria Casal e Jennifer Lodeiro
Coproducen: Centro Dramático Galego, Concello de Culleredo, Premios Luisa Villalta da Deputación A Coruña e El Ruiseñor Teatro. 
 

Espectáculo programado dentro da VII Mostra internacional Area de Teatro.