08/07/2026 - 21:00h
| Alameda de Raxoi
| Pontedeume
Tal vez
Espectáculo de novo circo a cargo de Pistacatro Productora de Soños
Cultura no Camiño
TAL VEZ sexa un espectáculo que che leve a compartir un bo intre cunha muller segura da súa indecisión.
Ao mellor só se trata dun show cheo de acrobacias, equilibrios e malabares, aínda que poida conter trazas de humor serio e estupidez coherente.
Quizais atopemos unha contorsionista retorcidamente divertida. Pode ser que estea soa e pode ser que ás veces acompañada… Por ti?
Sen dúbida, un espectáculo sofisticado, intelixente e innovador, ou non! Só TAL VEZ.