09/07/2026 - 20:00h
| Praia Fluvial de Tapia
| Ames
Enredos
Espectáculo de A Vela Circo
Cultura no Camiño
Non sempre é fácil encaixar. É o primeiro día na fábrica, unha vella factoría que acaba de herdar do seu avó e que xa viviu épocas mellores. Coa ilusión do primeiro comeza a súa xornada, pero pronto se dá de conta que as instalacións necesitan algo máis que uns amaños.
A maquinaria oxidada, os engrenaxes desaxustados, as estruturas inestábeis, convértense no escenario perfecto para un sinfín de torpezas e inesperadas habilidades.
Nun mundo dominado polas máquinas a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.