Tabú
Espectáculo de danza a cargo de Colectivo Glovo
Semellar sen imitar, figurar sen esquecer.
Escenario carnavalescos de vida, peso do parecer e implacable xuízo de aspectos.
Que muller eras ti?
Que muller es ti?
A apariencia coma posibilidade de futuro.
Tabú, é un quinteto de danza contemporánea que dibuxa cinco personaxes femininos con diferentes personalidades nun cadro de carnaval. Trátase dunha peza cunha forte presenza do rural galego dos anos 20, onde cinco bailaríns interpretan a cinco mulleres amosando o seu tabú nunha dinámica proposta para todos os públicos.
Autoría e dirección: Esther Latorre e Hugo Pereira
Coreografía: Esther Latorre e Hugo Pereira
Deseño sonoro e música: Lucila Celano (BABYKATZE)
Deseño iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: Adolfo Domínguez e Jandro Villa
Elenco: Fran Martínez, Clara Ferrão, Sybila Guitiérrez, Esther Latorre e Hugo Pereira
Produción: Manu Lago