Share
23/01/2026 - 20:30h | Casa da Cultura de Bertamiráns | Ames

As gardiás

  • Espectáculo teatral a cargo de Teatro de Ningures

As gardiás
Rede galega de teatros e auditorios

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se atopa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a mellor postura.

As gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez.

Autoría: Nasser Djemaï

Dirección: Cristina Domínguez

Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero, Sonia Rúa

Adaptación: Vanesa Sotelo

Tradución: Henrique Harguindey

Escenografía: Carlos Alonso

Iluminación: Héctor Pazos, Salvador del Río

Son: Héctor Pazos

Vestiario: Carlos Alonso

Música: Héctor Pazos

 

Duración: 90 minutos