Share
13/07/2025 - 18:00h | Praza da Igrexa de Silleda | Silleda

SuperHarte

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Patty Diphusa

SuperHarte
Cultura no Camiño

Como conseguir evitar que o medo te paralice, cando eres pequena e todos te din que non podes? A clave está en SUPERHARTE. Un espectáculo cunha mensaxe de empoderamento para todo o público, os adultos, os nenos e sobre todo as nenas: vencer o medo e ser capaz de facer o que semella imposible. Buscando a confianza en si mesma e grazas ao apoio do público, Patty conseguirá chegar ao máis alto. Compartindo polo camiño a alegría da superación constante dos temores máis profundos. Todo isto con moitas risas, acrobacias, bailes e o globo máis grande que poidas imaxinar.

Porque por moi complicado que pareza, por moi grande que sexa o globo, por tola que sexa a idea, Patty consegue con esforzo e ilusión conquistar proezas que moitos creerían inalcanzables para ela.

Porque se te din que non es capaz ti failles ver que están equivocados.