Share
13/07/2025 - 18:30h | Club Fluvial de Begonte | Begonte

Abracadabra

  • Mago Rafa

Abracadabra
Cultura no Camiño

Benvidos a Abracadabra, un espectáculo de maxia onde os verdadeiros protagonistas son os nenos e nenas!

Aquí, a maxia non acontece só no escenario… ¡acontece nas súas propias mans! Desde o primeiro momento, os pequenos espectadores converteranse en auténticos magos, axudando en cada xogo de maxia, dicindo as palabras máxicas e descubrindo que a ilusión é aínda máis poderosa cando a vivimos xuntos.

Con risas, sorpresas e moita diversión, este espectáculo interactivo fará que cada neno e nena se sinta parte da maxia. ¡Nada por aquí, nada por alá… e, de súpeto, un mundo cheo de abraio aparece ante os seus ollos!

Abracadabra é un espectáculo deseñado para espertar a imaxinación, fomentar a participación e facer que cada asistente se sinta especial. Porque neste show, a maxia non só se ve… Se vive!