Share
26/04/2026 - 18:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Singularia

  • Espectáculo teatral a cargo de Maxia na Manga

Singularia
Rede galega de teatros e auditorios

SINGULARIA: Daquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.

SINGULARIA é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro.

SINGULARIA non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida o público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.