Share
30/12/2025 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Singularia

  • Espectáculo teatral a cargo de Magia en la Manga

Singularia
Rede galega de teatros e auditorios

Singularia é un espectáculo de maxia de escena producido por Magia en la Manga e protagonizado por Sara Rodríguez. Como compañía con anos de experiencia traballando en todo tipo de eventos, damos un pequeno salto ao crear esta obra de medio/gran formato para teatros e auditorios. 

Singularia busca acabar coa idea de que os espectáculos de maxia son só unha sucesión de xogos sen ningún tipo de tema; neste caso, búscase unha experiencia global, na que todos os elementos procuren contar a mesma historia. Para iso, este espectáculo contará cun amplo equipo de profesionais, coa idea de emprender un proceso creativo no que todos os elementos da obra medren en paralelo para conseguir unha fusión perfecta entre a escenografía, o deseño de luz e son, e que todos estes elementos estean ao servizo de potenciar a maxia e os mensaxes plantexados no show.