Share
07/01/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

O arqueólogo

  • Antón Taboada, 2024

O arqueólogo
OFF GALICIA

Emile Gireau, escultor francés residente en A Coruña (Galicia), reflexiona sobre o seu proceso creativo. Tumbado no seu obradoiro, “como no diván do psicanalista”, viaxa da infancia á adultez e volta, pasando polo afundimento do petroleiro Mar Exeo aos pés do faro da cidade. Rodeado de ferramentas e de anacos do buque, unha serie de saltos mentais lévano a alcanzar unha verdade: Emile non é un escultor.