Share
06/06/2024 - 21:00h | Teatro Principal de Ourense | Ourense

Síbaris

  • Espectáculo de teatro a cargo de Con de tres pés

Síbaris
Rede galega de teatros e auditorios

Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.

Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.

A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.