Share
28/02/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

The Shiinomi School

  • Hiroshi Shimizu, 1955

The Shiinomi School
Hiroshi Shimizu – A arte de perderse

Yamamoto, un profesor de psicoloxía na universidade, e a súa muller, Fumiko, teñen dous fillos, un deles, Yudo, sofre un tipo de parálise. Por este motivo, Yamamoto e a súa muller, deciden usar todo o seu diñeiro para crear unha escola onde nenos con necesidades especiais parecidas poidan conseguir o amor e o coidado suficiente para facer crecer a súa confianza en si mesmos. Baseada nunha historia real, trátase da única película que na altura tratou os problemas dos nenos con necesidades especiais. O humanismo e a empatía característica de Shimizu fai que a historia que nos conta resulte optimista e luminosa.

 

Foto © KOKUSAI HOEI