Share
04/11/2022 - 23:00h | A Pousada da Galiza Imaxinaria | Boiro

Sheila Patricia: A Moura

  • Concerto a cargo de Sheila Patricia

Sheila Patricia: A Moura
Rede galega de música ao vivo

Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha especial sensibilidade e unha potente presenza do empoderamento na súa música. Filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas súas composicións trazos do folclore de ambos lugares. A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila. A Moura, o espectáculo que está a presentar, trátase dunha fusión do que representa a esencia da nosa artista. Loopers, percusións tradicionais mesturadas con percusións electrónicas, coa firmeza da orixe, do folclore, das ancestras que inspiran a Sheila nas súas novas composicións así coma nas cancións tradicionáis que recolle no seu novo traballo. Preséntase en formato trío con Gabi Reboredo nas voces e percusión tradicional, e Chucho González