Share
05/11/2022 - 00:30h | Sala La Room | Ferrol

Blues do Pais en concerto

  • Concerto de versións de blues adaptadas á idiosincrasia galega

 Blues do Pais en concerto
Rede galega de música ao vivo

Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A diva rural e o Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.

Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.

Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non?

Pois si!

I had a dream. Etta James mariscando en Cabo da Crus. B.B. King nun furancho de Redondela. Castelao e Eric Clapton escribindo Old Men Shouldn't fall in love.

 

Oh yeah!

Si, ho!