Share
09/05/2026 - 20:00h | Pazo da Cultura | Narón

Señores que din

  • Un espectáculo teatral a cargo de De Ste Xeito Producións

Señores que din
Rede galega de teatros e auditorios

Cecilia, Celia e Lía non poden ser máis distintas. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastadas entre si. Aparentemente non teñen nada que ver, excepto que son irmás trixemelgas trivitelinas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos anos setenta. Un día reciben a chamada de Pepa, a súa nai, para que acudan á casa familiar de Cabo Home onde vive retirada. 



SEÑORES QUE DIN é a historia dun reencontro entre catro mulleres e fala das cousas que viviron, as que esperan vivir, os medos, rancores e alegrías. Fala tamén de homes: maridos, compañeiros, fillos, xefes e tipos aleatorios cos que se atopan a diario. Homes, señores que critican, que cuestionan, que se alían, que acosan. En definitiva: SEÑORES QUE DIN.

A nosa historia fala do que din eses señores pero, sobre todo, fala do que pensan elas dos señores que din. SEÑORES QUE DIN é unha comedia machirula De Ste Xeito interpretada por mulleres.

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Sergio Macías Casillas

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Deseño son: Sergio Macías Casillas e Jorge Ramos Mourín

Deseño iluminación: Jorge Ramos Mourín

Música: Venga, Bea

Coreografía: Stephanie Maybelle Llaryora

Elenco artístico: Stephanie Maybelle Llaryora, Pepa Barreiro, Nadia Doménech e Ana San Fernando