Share
09/05/2026 - 18:00h | Auditorio Municipal Manuel María | Ourense

Babas descubre as estacións 

  • Un espectáculo a cargo de Trémola Teatro

Babas descubre as estacións 
Rede galega de teatros e auditorios

Babas é un caracol moi lambón. Os seus amigos dixéronlle que do outro lado do bosque está a planta máis saborosa e coas follas máis verdes de toda a fraga. Por iso, un día decide ir coa súa amiga a Cogomelo Trompita a buscala. Babas anda moi amodo, non chegan nunca! E aínda por riba, Trompita dase conta que algo cambia ao seu redor, as estacións do ano! 

Acompañas a Babas e a Trompita a descubrir todo sobre as estacións?  

A través de diferentes elementos sensoriais os máis cativos e cativas da casa vivirán unha aventura emocionante.