Share
11/02/2025 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Salve María. Proxección e coloquio con Mar Coll

  • maternidade, feminismo, thriller

Salve María
Close-up: Cine e perspectiva de xénero

María, unha moza escritora que acaba de ser nai, tópase coa noticia dun suceso arrepiante: unha muller francesa afogou os seus xemelgos de 10 meses na bañeira. María obsesiónase coa infanticida, por que os matou? A partir dese momento, a sombra do infanticidio axexaraa como unha vertixinosa posibilidade.

Proxección e coloquio coa súa directora, Mar Coll.