Share
12/02/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Salve María

  • maternidade, feminismo, thriller

Salve María
Close-up: Cine e perspectiva de xénero

Maria, unha moza escritora que acaba de ser nai, tópase coa noticia dun suceso arrepiante: unha muller francesa afogou os seus xemelgos de 10 meses na bañeira. Maria obsesiónase coa infanticida, por que os matou? A partir dese momento, a sombra do infanticidio axexaraa como unha vertixinosa posibilidade.

Coloquio coa directora na sesións do luns 11 de febreiro.